xoves, 30 de abril de 2020

Piper

https://youtu.be/vPuRBiBCxyk
Que gusto dá cando intentamos facer algo que nos custa un pouquiño e ao final o conseguimos! 
A que si?

Parabéns!

https://youtu.be/hFCmWt0jlsw
Hoxe é o día de...
PARABÉNS ALEJANDRA!
Que teñas un moi feliz día! Pide o teu desexo e que se cumpla!

luns, 27 de abril de 2020

Despedida?

Igual que o Señor Costas no conto que vos puxen o outro día, chegou á hora de despedir este blog (a medias).
Como a maioría xa saberedes, hoxe é a estrea mundial da nova páxina do Primeiro Ciclo do colexio Martín Codax!!


Convídovos a que nos acompañedes á parte que está xusto, xusto, debaixo do tellado, no piso de arriba... Recoñecedes algo?
Xa podedes entrar, investigar e fuchicar! Aí tendes 12 propostas de obradoiros para facer durante 12 días (todo é voluntario). Se vos apetece enviarme ou contarme o que ides facendo, estarei encantada de recibir os vosos correos!
Neste blog seguirei colgando, de cando en vez, algunha curtametraxe interesante, algún conto, algún reto... Así que podedes seguir consultando de cando en vez. 
Espero que o pasáredes tan ben vendo o blog e facendo as propostas, como eu pensándoas e elaborándoas!
Vémonos "baixo o tellado"!


venres, 24 de abril de 2020

Unha última carta

http://www.kalandraka.tv/gl/video/beacarta
Aquí vos deixo outro conto contado pola estupenda Bea Campos. Propóñovos que fagades unha casa coma as da Illa con buzón para que o Señor Costas poida deixar as cartas. Aquí tendes a miña!

Parabéns!

Hoxe tócalle a... PARABÉNS MARÍA! Pasa un fantástico día! Non esquezas o desexo! Un bico moi forte, peque! 

xoves, 23 de abril de 2020

Receita: zume de palabras

https://drive.google.com/open?id=1FcaelqlJQdhwt2fMRk61A7AuQibID17u
Preparádevos para unha "receita" un pouco especial!

Pasade un... Bo Sant Jordi! Bo día do libro!

https://youtu.be/5Blo20LToGM
Hoxe é 23 de abril, día de Sant Jordi (podedes investigar sobre esta bonita lenda), día do libro... Déixovos esta canción que me fixo chegar unha boa amiga para celebralo!
Xa que #nósquedamosnacasa podemos aproveitar para ler e que nos lean, para viaxar na compaña dun libro...

mércores, 22 de abril de 2020

Cantamos? Fun ao mercado

https://youtu.be/yEhQr_ROsJ0
Xa vai sendo a hora de comer... Imos ao mercado?

Reto: Adiviñades estes contos?

A ver se sodes quen de adiviñar os seguintes contos coas pistas que vos dou...
Aquí tendes tres máis "feitas a man"... A ver se as adiviñades... Queredes intentar facer unha e mandarva? Podedes escribir as pistas ou debuxalas, tamén podedes pensalas e que vos axuden a escribilas... Ou como se vos ocorra!

Voar, voar, voarei...

https://youtu.be/n8yVps-6_AY
Ela sempre está aí, con nós... Ás veces non a vemos, non a temos en conta... Esquecémola! Pero ainda así segue formando parte do noso ser... Este corto que é dos meus preferidos (xa o sabedes) está adicado a ela... A IMAXINACIÓN! E a eses nenos e nenas que todos somos ou fomos algún día e que, en momentos como o que estamos a vivir, debemos deixar, polo menos, que asome!

martes, 21 de abril de 2020

Imos ao teatro!


Caramuxo Teatro presenta "Pío!", un espectáculo que mistura o teatro de actor e monicreques. Unha historia chea de humor e tenrura para toda a familia que nos conta a historia de Pío, un pequeno paxaro que nace só na fraga sen ningún referente a seguir. O pequeno Pío coñecerá na súa aventura a unha morea de animais que viven na fraga, e descubrirá que non é un peixe, nin un coelliño, nin tampouco unha toupa.No final de esa fantástica travesía sentirá o impulso de voar, de sentirse libre coma un paxaro.
Unha nova proposta pensada para toda a familia cunha coidada estética e uns bonecos deseñados por Oscar Villán (Premio Nacional de ilustración  coñecido por ilustrar "O coelliño Branco" ou "A cebra Camila").


Máquina de palabras

 
Imos crear unha máquina para escribir palabras, frases,contos... Atrevédesvos? Eu xa teño a miña!

Lectura: "El oso Simón"

https://drive.google.com/open?id=1yCP2JZE233U-ukq5rsHIwM3YGrByeU1x
Hoxe espertamos cunha nova lecturiña... Apetécevos crear un sombreiro con cousas que atopedes pola casa? Seguro que poden quedar uns sombreiros de... Pasarela!

Parabéns!

https://youtu.be/TUXh3J1T6VI
Hoxe tócalle a... Parabéns Mara! Non esquezas o teu desexo!

luns, 20 de abril de 2020

Conto en pixama

https://youtu.be/2DTRJu1We6Q
Apetécevos outro conto en pixama? Hoxe, outro dos meus contos preferidos "O incrible neno devorador de libros" de Oliver Jeffers. Algunha vez probáchedes un libro?...

Pasapalabra

https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5487919-pasapalabra.html
O reto de hoxe...Xogades ao Pasapalabra do Martín Codax? 

Parabéns!

https://youtu.be/hFCmWt0jlsw
Que sexades, que sexades, que sexades moi felices!!!
Parabéns Lucas!
Parabéns Roi!

domingo, 19 de abril de 2020

venres, 17 de abril de 2020

Venres de conto

https://drive.google.com/open?id=1aJtc67tZPNb1-Rql25OYboMwkGrsvuBd
Queredes que vos conte outro contiño?
"Conto, contiño, imos viaxar, coas túas palabras invítame a voar..."

RrRrRrRrReto de hoxe

https://drive.google.com/open?id=1Yodmi7sVHAu3rKeqC49kkXUedI6V12Mu

Parabéns!!

Hoxe temos aniversarios! Parabéns Lucía Carrera! Parabéns Lotta (xa sei que é o domingo)! Pasade un fantástico día de aniversario! Non esquezades o voso desexo!
https://youtu.be/H1QoujYIPKY

xoves, 16 de abril de 2020

Parabéns!

Entereime de que algunhas de vós estivestes de aniversario estes días. Aínda que foi un aniversario diferente, seguro que foi especial e que nunca o olvidaredes. Como non tivemos a oportunidade de celebralo xuntos, déixovos aquí unha canción. Espero que non esquecésedes pedir un desexo ao soplar as velas e de dar as vosas 7 ou 8 voltas arredor do Sol!
Parabéns Kendra! (28 de marzo)
Parabéns Maia! (6 de abril)
Parabéns Kora! (27 de marzo)
https://youtu.be/hFCmWt0jlsw

https://drive.google.com/open?id=1QDbWDISqkkEdBCpYwHpIkZq_IbOWxmPP
Shhhhhhh!

A moverse coma robots!

https://youtu.be/B-ulfVFtFBs

martes, 14 de abril de 2020

Conto: "A cousa que máis doe do mundo"

https://youtu.be/QUP_EUFXurQ
E ti? Cal pensas que é a cousa que máis doe do mundo?
https://drive.google.com/open?id=1Ak1aVOHA8N6DELpIT1AEZvAKF4wOVO5g

Para empezar este trimestre imos a por un reto no que se mesturan a ciencia, as letras, a arte, a creatividade, a sorpresa. Deixade nadar a vosa imaxinación!

Lectura recomendada

https://drive.google.com/open?id=1f2fXo8GqJhu5QdblDEfXuqy1CMSuOshH
No enlace que vos puxen de GaliciaLe tendes un montón de lecturas para escoller (sobre todo para os nenos e nenas de 2º). Deixo aquí outro libro da colección "Olivia", xa que en letra cursiva, na rede, ides atopar moi poucas lecturas.

Canción de chuvia

https://youtu.be/ihuWdA645LQ
Dixeron no tempo que a partires de hoxe volve a chover e chover. Recordades este corto que vimos no cole nalgún día de chuvia?

luns, 13 de abril de 2020

Unha ventá ao mundo

https://matesterceirociclomartincodax.blogspot.com/2020/04/ventas-ao-mundo-en-vivo.html
Nestes momentos nos que non podemos sair da casa... Quen tivera unha ventá máxica na que poder ver todo o que desexamos! Pois Juan, o profe de matemáticas dos maiores atopou algo parecido pero...Shhhhhhh! Non fagades ruído! Asomádevos ás súas ventás e poderedes descubrir koalas, cegoñas, e, se tendes sorte, algún que outro elefante!

Tiña varios retos pendentes de mostrarvos... Os minimundos, o meu nome esconde, luces e sombras e laboratorio de cores. Se pinchades enriba de cada reto podedes ver as cousas marabillosas que creastes.

martes, 7 de abril de 2020

Vouvos contar un conto...

https://drive.google.com/open?id=1X3PEOj3O_ulvjg45sVmirNGKHA2w3Wst  
Canto boto de menos contarvos un conto véndonos as cariñas... Bueno, por agora teremos que conformarnos así... Espero que vos guste!

luns, 6 de abril de 2020

Lecturas

https://www.galiciale.gal/

Para que poidades ler cando vos apeteza déixovos aquí este enlace. Se sodes socios dalgunha biblioteca podedes acceder co número de carné e o contrasinal. Se non o sodes, tamén podedes acceder dándovos de alta. Buscade libros axeitados para os nenos e as nenas.

Tamén vos deixo o enlace de "Euquedonacasa" que é un conto creado por Ramón D. Veiga e Iván R que reflicte un pouco a situación que estamos a vivir os que temos nen@s estes días de confinamento na casa.
Imaxino que moitas familias vos sentiredes identificadas.
   
FELICES LECTURAS!

venres, 3 de abril de 2020

O noso agasallo!


https://drive.google.com/open?id=1V6fkMmRphpAddeiOvh-CA6ObscFcwT5z


A maioría seguro que xa o vistes, pero para os que non, pinchade no arco da vella. Esperamos que vos guste tanto velo como a nós facelo!

Deixade voar a vosa imaxinación!

https://youtu.be/QMnccZgEquk
Aínda que esta semana tocaba estar de vacacións, irei colgando no blog algunha proposta, algúns retos conseguidos que teño pendentes, algún conto, algunha recomendación e algunha...Sorpresiña!
Todos os nenos e nenas estades sendo uns supercampións e unhas supercampionas! Levades moitos días sen saír da casa, dándonos unha lección inmensa a todos os "maiores". Merecedes un enoooorme aplauso e un gran recoñecemento... Oxalá o mundo estivera dominado por todos e todas vós, seguro que todo tería moito máis sentido... 
Xogade, bailade, cantade, ride, repartide bicos e agarimos, cociñade e, sobre todo, imaxinade, imaxinade moito... Deixade voar a vosa cabeza e o voso corpo cara outros mundos, mundos imposibles e marabillosos!
Bótovos moitísmo de menos! En nada volveremos a vernos e poderemos achucharnos e bicarnos como a ocasión o vai merecer!
Carolina

Laboratorio de cor

https://drive.google.com/open?id=10gqu8FBv3u8ObhSPZAhLp71W_2sgddWf


Hoxe propóñovos un experimento! Se tendes ocasión facédeo que é moi...MÁXICO!

A moverse cos superheroes!

https://youtu.be/f9KqF_11EYc
Bo día! Hoxe prometo sorpresa ao final da mañá! Pero para comezar... Imos mover un pouquiño eses corpos para que non se oxiden!

xoves, 2 de abril de 2020

A que sabe a lúa?

https://youtu.be/0hMB8ZuLnKw
Hoxe... Outro conto en pixama! E a vós? A que vos sabe a lúa?

Que hai no teu nome?

https://drive.google.com/open?id=1SlmVgde1oMZDCpM31_1g7OwSCluyySbW 
Hoxe tócanos unha proposta de discurrir, investigar, buscar, escribir... A polo reto de hoxe!

https://drive.google.com/open?id=1Tdldn6-U-ABGH5XzW5ZcV5k00XKcIpaV
Bo día! Hoxe espertamos vendo a de cousas que caben nos vosos petos!! Vaia imaxinación e creatividade!

mércores, 1 de abril de 2020

Feo! de Caramuxo teatro

https://l.facebook.com/l.php?u=https%3A%2F%2F1drv.ms%2Fv%2Fs%21AsC-vsWFtqr0ilffK5t0c0tpO7pK%3Fe%3DzJMP9m%26fbclid%3DIwAR0pl5xRiKtd8PSq_l87kGFt2uNc_7WdDOElbi8WyDtp7ULcaUm1L2SZLm0&h=AT1Fr3QqJm-YChQ4FEjkFshmbu3HGXsREgLCQ1L7Dpy5HhlBAzyTQOWptLXDgf35W03_U4JVIx38kV-zDXp0Fjq_Eu7ZiA-dFDLyTdChKwqAwAqnDyI9P2m4jXDRgsdMquE8FNZch0fGGA60XZ1oagi007k4pRO4aFw7hdvHWt-bJzpAEOuhMowhgkI7yslvhvyNcWX_0xUNKJkvTNxVqeC6FXcvR-y9D0rvtJecPShC7xm5HngORd-5riv6s3K9KTl7XKyXCnGKseNYemXr891zZqagpLF4DM4Sl52mA8cWAX3GUQj_T3iL61jTLg8uv1UdOAoyW1X_RGi-FND14x98oEdANfbKs6H3bQyIQP2hy9SynlRUbb6JNTxWOm11ol3PybniCbXRYXPagiKOrxzNdGwz0khyzelb2lpoQmssbpaXZjYkSxpWYCWearZF0CiMk5JkBrOXUExncquFzqnSkTRgzWqufN1aRu_VHw_grd3dZz1Z8QKn7fMMP59XEIIlJPSp_zAy3sZ4xmwpzc0a50SS-dygPruYJ7L0aFdz-vKXfTEWjZg6CiSghFs6_MKZRCaBI0vJj89vQJQ-FmO1EXNoUDirzYX55Bvfe-2fvhjfekpqooEuaQCbIw
Para rematar... Poñédevos cómodos e cómodas para gozar deste espectáculo de teatro. A compañía Caramuxo teatro quixo compartir con todos e todas nós a súa obra Feo!  (Premio María Casares a Mellor Espectáculo Infantil)  para celebrar o DÍA INTERNACIONAL DO TEATRO.  #euquedonacasa

Luces e sombras

https://drive.google.com/open?id=1BIlrDM72ojnuuKnoDMgv51XrXfynUdDA
Queredes preparar unha escea especial? Pois pinchade na imaxe para ler as instrucións e mans á obra!

Un contiño para empezar o día...

https://youtu.be/HnCa2guha28
Un conto contado, cantado e debuxado "Polo Correo do Vento"... Atrevédesvos a debuxar a Cósimo?