martes, 5 de maio de 2020

O ratiño máis famoso

Nestes días de videochamadas, moitos e moitas contades a caída dos vosos dentes... E ensinades moi orgullosos esas boquiñas desdentadas! Hoxe, recordamos o vídeo  de como actúa o Ratiño Pérez para poder ir de casa en casa (para velo, pinchade na imaxe). Xa sabedes que a policía permítelle circular de casa en casa!
https://youtu.be/Oj4h63mNnHU

luns, 4 de maio de 2020

RETO!

Seguro que botades un chisco de menos os retos... Non? Pois a ver que vos parece este!
https://drive.google.com/open?id=1SNE4xZ2NkNVoWpILoo98CwnXYz1LwVNv
Facemos pasta de sal? Picando na imaxe tendes a "receita"!

venres, 1 de maio de 2020

O maio

https://youtu.be/mzZHGT28ZpA
O maio, un poema de Curros Enríquez cantado por Luis Emilio Batallán. Escoitádea e desfrutádea... 
Benvido maio!

xoves, 30 de abril de 2020

Piper

https://youtu.be/vPuRBiBCxyk
Que gusto dá cando intentamos facer algo que nos custa un pouquiño e ao final o conseguimos! 
A que si?

Parabéns!

https://youtu.be/hFCmWt0jlsw
Hoxe é o día de...
PARABÉNS ALEJANDRA!
Que teñas un moi feliz día! Pide o teu desexo e que se cumpla!

luns, 27 de abril de 2020

Despedida?

Igual que o Señor Costas no conto que vos puxen o outro día, chegou á hora de despedir este blog (a medias).
Como a maioría xa saberedes, hoxe é a estrea mundial da nova páxina do Primeiro Ciclo do colexio Martín Codax!!


Convídovos a que nos acompañedes á parte que está xusto, xusto, debaixo do tellado, no piso de arriba... Recoñecedes algo?
Xa podedes entrar, investigar e fuchicar! Aí tendes 12 propostas de obradoiros para facer durante 12 días (todo é voluntario). Se vos apetece enviarme ou contarme o que ides facendo, estarei encantada de recibir os vosos correos!
Neste blog seguirei colgando, de cando en vez, algunha curtametraxe interesante, algún conto, algún reto... Así que podedes seguir consultando de cando en vez. 
Espero que o pasáredes tan ben vendo o blog e facendo as propostas, como eu pensándoas e elaborándoas!
Vémonos "baixo o tellado"!