venres, 3 de abril de 2020

Deixade voar a vosa imaxinación!

https://youtu.be/QMnccZgEquk
Aínda que esta semana tocaba estar de vacacións, irei colgando no blog algunha proposta, algúns retos conseguidos que teño pendentes, algún conto, algunha recomendación e algunha...Sorpresiña!
Todos os nenos e nenas estades sendo uns supercampións e unhas supercampionas! Levades moitos días sen saír da casa, dándonos unha lección inmensa a todos os "maiores". Merecedes un enoooorme aplauso e un gran recoñecemento... Oxalá o mundo estivera dominado por todos e todas vós, seguro que todo tería moito máis sentido... 
Xogade, bailade, cantade, ride, repartide bicos e agarimos, cociñade e, sobre todo, imaxinade, imaxinade moito... Deixade voar a vosa cabeza e o voso corpo cara outros mundos, mundos imposibles e marabillosos!
Bótovos moitísmo de menos! En nada volveremos a vernos e poderemos achucharnos e bicarnos como a ocasión o vai merecer!
Carolina

Ningún comentario:

Publicar un comentario