martes, 21 de abril de 2020

Imos ao teatro!


Caramuxo Teatro presenta "Pío!", un espectáculo que mistura o teatro de actor e monicreques. Unha historia chea de humor e tenrura para toda a familia que nos conta a historia de Pío, un pequeno paxaro que nace só na fraga sen ningún referente a seguir. O pequeno Pío coñecerá na súa aventura a unha morea de animais que viven na fraga, e descubrirá que non é un peixe, nin un coelliño, nin tampouco unha toupa.No final de esa fantástica travesía sentirá o impulso de voar, de sentirse libre coma un paxaro.
Unha nova proposta pensada para toda a familia cunha coidada estética e uns bonecos deseñados por Oscar Villán (Premio Nacional de ilustración  coñecido por ilustrar "O coelliño Branco" ou "A cebra Camila").


1 comentario:

  1. Lo vi ahora. Me gustó muchísimo.
    Gracias Carolina. Puedes mandar más de éstos.

    ResponderEliminar