Nestes días de videochamadas, moitos e moitas contades a caída dos vosos dentes... E ensinades moi orgullosos esas boquiñas desdentadas! Hoxe, recordamos o vídeo de como actúa o Ratiño Pérez para poder ir de casa en casa (para velo, pinchade na imaxe). Xa sabedes que a policía permítelle circular de casa en casa!
martes, 5 de maio de 2020
luns, 4 de maio de 2020
RETO!
Seguro que botades un chisco de menos os retos... Non? Pois a ver que vos parece este!
Facemos pasta de sal? Picando na imaxe tendes a "receita"!
venres, 1 de maio de 2020
O maio
O maio, un poema de Curros Enríquez cantado por Luis Emilio Batallán. Escoitádea e desfrutádea...
Benvido maio!
xoves, 30 de abril de 2020
mércores, 29 de abril de 2020
luns, 27 de abril de 2020
Despedida?
Igual que o Señor Costas no conto que vos puxen o outro día, chegou á hora de despedir este blog (a medias).
Como a maioría xa saberedes, hoxe é a estrea mundial da nova páxina do Primeiro Ciclo do colexio Martín Codax!!
Como a maioría xa saberedes, hoxe é a estrea mundial da nova páxina do Primeiro Ciclo do colexio Martín Codax!!
Convídovos a que nos acompañedes á parte que está xusto, xusto, debaixo do tellado, no piso de arriba... Recoñecedes algo?
Xa podedes entrar, investigar e fuchicar! Aí tendes 12 propostas de obradoiros para facer durante 12 días (todo é voluntario). Se vos apetece enviarme ou contarme o que ides facendo, estarei encantada de recibir os vosos correos!
Neste blog seguirei colgando, de cando en vez, algunha curtametraxe interesante, algún conto, algún reto... Así que podedes seguir consultando de cando en vez.
Espero que o pasáredes tan ben vendo o blog e facendo as propostas, como eu pensándoas e elaborándoas!
Vémonos "baixo o tellado"!
venres, 24 de abril de 2020
Unha última carta
Aquí vos deixo outro conto contado pola estupenda Bea Campos. Propóñovos que fagades unha casa coma as da Illa con buzón para que o Señor Costas poida deixar as cartas. Aquí tendes a miña!
Parabéns!
Hoxe tócalle a... PARABÉNS MARÍA! Pasa un fantástico día! Non esquezas o desexo! Un bico moi forte, peque!
xoves, 23 de abril de 2020
Pasade un... Bo Sant Jordi! Bo día do libro!
Hoxe é 23 de abril, día de Sant Jordi (podedes investigar sobre esta bonita lenda), día do libro... Déixovos esta canción que me fixo chegar unha boa amiga para celebralo!
Xa que #nósquedamosnacasa podemos aproveitar para ler e que nos lean, para viaxar na compaña dun libro...
mércores, 22 de abril de 2020
Reto: Adiviñades estes contos?
A ver se sodes quen de adiviñar os seguintes contos coas pistas que vos dou...
Aquí tendes tres máis "feitas a man"... A ver se as adiviñades... Queredes intentar facer unha e mandarva? Podedes escribir as pistas ou debuxalas, tamén podedes pensalas e que vos axuden a escribilas... Ou como se vos ocorra!
Voar, voar, voarei...
Ela sempre está aí, con nós... Ás veces non a vemos, non a temos en conta... Esquecémola! Pero ainda así segue formando parte do noso ser... Este corto que é dos meus preferidos (xa o sabedes) está adicado a ela... A IMAXINACIÓN! E a eses nenos e nenas que todos somos ou fomos algún día e que, en momentos como o que estamos a vivir, debemos deixar, polo menos, que asome!
martes, 21 de abril de 2020
Imos ao teatro!
Caramuxo Teatro presenta "Pío!", un espectáculo que mistura o teatro de actor e monicreques. Unha historia chea de humor e tenrura para toda a familia que nos conta a historia de Pío, un pequeno paxaro que nace só na fraga sen ningún referente a seguir. O pequeno Pío coñecerá na súa aventura a unha morea de animais que viven na fraga, e descubrirá que non é un peixe, nin un coelliño, nin tampouco unha toupa.No final de esa fantástica travesía sentirá o impulso de voar, de sentirse libre coma un paxaro.
Unha nova proposta pensada para toda a familia cunha coidada estética e uns bonecos deseñados por Oscar Villán (Premio Nacional de ilustración coñecido por ilustrar "O coelliño Branco" ou "A cebra Camila").
Lectura: "El oso Simón"
Hoxe espertamos cunha nova lecturiña... Apetécevos crear un sombreiro con cousas que atopedes pola casa? Seguro que poden quedar uns sombreiros de... Pasarela!
luns, 20 de abril de 2020
Conto en pixama
Apetécevos outro conto en pixama? Hoxe, outro dos meus contos preferidos "O incrible neno devorador de libros" de Oliver Jeffers. Algunha vez probáchedes un libro?...
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

















