xoves, 30 de abril de 2020

Piper

https://youtu.be/vPuRBiBCxyk
Que gusto dá cando intentamos facer algo que nos custa un pouquiño e ao final o conseguimos! 
A que si?

Parabéns!

https://youtu.be/hFCmWt0jlsw
Hoxe é o día de...
PARABÉNS ALEJANDRA!
Que teñas un moi feliz día! Pide o teu desexo e que se cumpla!

luns, 27 de abril de 2020

Despedida?

Igual que o Señor Costas no conto que vos puxen o outro día, chegou á hora de despedir este blog (a medias).
Como a maioría xa saberedes, hoxe é a estrea mundial da nova páxina do Primeiro Ciclo do colexio Martín Codax!!


Convídovos a que nos acompañedes á parte que está xusto, xusto, debaixo do tellado, no piso de arriba... Recoñecedes algo?
Xa podedes entrar, investigar e fuchicar! Aí tendes 12 propostas de obradoiros para facer durante 12 días (todo é voluntario). Se vos apetece enviarme ou contarme o que ides facendo, estarei encantada de recibir os vosos correos!
Neste blog seguirei colgando, de cando en vez, algunha curtametraxe interesante, algún conto, algún reto... Así que podedes seguir consultando de cando en vez. 
Espero que o pasáredes tan ben vendo o blog e facendo as propostas, como eu pensándoas e elaborándoas!
Vémonos "baixo o tellado"!


venres, 24 de abril de 2020

Unha última carta

http://www.kalandraka.tv/gl/video/beacarta
Aquí vos deixo outro conto contado pola estupenda Bea Campos. Propóñovos que fagades unha casa coma as da Illa con buzón para que o Señor Costas poida deixar as cartas. Aquí tendes a miña!

Parabéns!

Hoxe tócalle a... PARABÉNS MARÍA! Pasa un fantástico día! Non esquezas o desexo! Un bico moi forte, peque!